Leandro Regueiro wrote:
>>> Acaba de mandar Miguel este correo á lista dos Guls. Plantexou tamén a
>>> posibilidade de que nós, como colectivo, formemos parte desa
>>> "federación". ¿Que opinades?
>>>       
>> A miña posición, que creo que xa é dabondo coñecida, é favorable a, polo
>> menos, formar parte da constituinte, e despois se o que se elabore a nivel
>> de fins, estatutos e demáis recibe o placet da maioría integrarnos.
>>
>> Creo que pode ser un momento moi interesante para que os distintos axentes a
>> prol do Sl esteamos xuntos.
>>     
>
> Eu vexo que o da tradución de SL ó galego impulsa a adopción do SL en
> Galicia en certo xeito (p.ex. eu úsoo porque está en galego) e penso
> que non sería desaconsellable que estiveramos aí.
>
> Outra cousa é que non somos asociación. En Trasno falouse de
> converterse en asociación ou meternos noutra asociación xa existente,
> p.ex. as ciberirmandades da fala, que despois se podería adherir a
> esta federación, pero non sei como faredes os de Rosetta, a non ser
> que acepten apoios individuais.
>
> Ata logo,
>                        Leandro Regueiro
>
>   

Miguel,

¿Tés idea de como poderíamos formar parte da federación sen ter
"entidade" legal?

Saúdos.
    Felipe.

Attachment: signature.asc
Description: OpenPGP digital signature

-- 
Ubuntu-l10n-gl mailing list
[email protected]
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl

Responder a