Acabo de ler na lista de Trasno a seguinte mensaxe de Alejo Pacín, que paso a copiar:
"Boas. Hoxe pola mañá, José Millán notificoume e amosoume un feito bastante grave nas traducións do Launchpad de Ubuntu. Polo que parece, o tradutor "Darío Villar" anda a facer o parvo traducindo/revisando certas cadeas do proxecto. Máis concretamente, coas referentes ós nomes dos desenvolvedores/tradutores das aplicacións. No fío seguinte podedes albiscar algún destes casos. https://translations.launchpad.net/ubuntu/jaunty/+source/kdebase/+pots/konqueror/gl/+translate?field.alternative_language=&field.alternative_language-empty-marker=1&show=changed_in_launchpad&start=30 Xa na terceira cadea que aparece, se ve traducido "Harry Porten" coma "Harry Potter", coma revisión dunha tradución feita anteriormente por Marce. Resumindo, que se adica a desfacer o que a outros lles custou o seu traballo. Se alguén quere ver o exemplo en acción, con abrir o seu Konqueror (versión do KDE 4.2) poderá ver dita tradución entre os autores." Eu considero grave o feito, porque estase a faltar á norma de citar aos autores do programa. Isto non entra dentro do que normalmente se considera liberdade de expresión... máis ben, é "tocar o ..." Algunha medida posible? Un saúdo: Manuel A Vázquez [email protected] -- Ubuntu-l10n-gl mailing list [email protected] https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
