Concordo!

> Ola!
>
> Xa hai tempo que non tiña novas sobre o asunto do LoCo, pero estes días
> houbo un par de cousas interesantes.
>
> Por un lado confirmáronme desde Ubuntu que temos a lista de correo
> aprobada (pero non activada... supoño que son cousas da burocracia). Con
> isto xa teremos o foro [1], a Wiki [2], a canle IRC e a lista.
>
> Para min, un dos obxectivos que debería cubrir o LoCo é o de aglutinar á
> comunidade de usuarios de Ubuntu en galego. O feito de ter os servizos
> espallados en distintos servidores de Ubuntu fai difícil que nos atopen
> os usuarios novos. Para solucionar isto, tiña pensado montar un portal
> principal que fose a "cara" do LoCo (aínda que se seguise apoiando nos
> servidores de Ubuntu). Por falta de tempo non o fixen, pero aquí é onde
> aparece a segunda nova importante.
>
> A xente de Tegnix está comezando a preparar a infraestrutura para crear
> a comunidade de OpenOffice.org galega e ofrécennos a posibilidade de
> preparar tamén a infraestrutura para o LoCo galego. Ademáis, poderíamos
> compartir os eventos e evitar o dobre esforzo de preparar os de
> OpenOffice.org e os nosos.
>
> Persoalmente paréceme unha boa oportunidade para dispoñer de soporte
> técnico, dun servidor e para non ter que montar nós sós os eventos. Non
> obstante gustaríame abrir o debate antes de tomar ningunha decisión (non
> temos moito tempo para dar unha resposta, así que ¡falade axiña!). Tamén
> sería importante saber que eventos (install-fests, participación en
> conferencias, xornadas de difusión, etc.)  poderíamos preparar ao longo
> do ano.
>
> Unha aperta!
>      Felipe.
>
>
> [1] http://ubuntuforums.org/forumdisplay.php?f=356
> [2] https://wiki.ubuntu.com/GalicianTeam

-- 
Ubuntu-l10n-gl mailing list
[email protected]
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl

Responder a