https://gitlab.com/trasno/termos/-/blob/development/pendente/votos.yaml
On 2023-05-22 23:10, Adrian Chaves wrote: > EUSurvey ten moi boa pinta, pero non vexo forma fácil (sen web > scraping) de automatizar a creación do formulario, e non me vexo > metendo 555 preguntas a man. > > Creo que acabamos antes se cada quen manda, aquí á lista ou a min, o > que quere discutir e a orde na que o quere discutir, o poño nun YAML en > https://gitlab.com/trasno/termos/, e fago que se engada unha columna a > https://termos.trasno.gal/pendente/ coa puntuación. > > On 2023-05-22 09:43, Miguel Bouzada wrote: > > 1, Sobre a duración > > Propoño que as sesións sexan de non máis de 3 horas, por min ben poden > ser dúa, unha de mañá 10.30 a 13.30 e outra de tarde 3.30/4.0 a > 6.30/7.0 > > 2. Sobre a orde > > Propoño que o secretario faga unha ordenación conforme ao interese > amosado por cada termo + un chisco do seu criterio. > (a cantidade de persoas que amosaron interese cando se propuxo) > Ou facer unha enquisa en EUSurvey na que a xente puntúe de 1 a 10 a > preferencia por cada termo (se son moitos termos pode ser mellor de 1 a > 20) https://webgate.acceptance.ec.europa.eu/eusurvey/home/welcome > (Nota: eu teño conta, por se fai falla, aínda que estaría ben que PT > tivera a súa) > > Por se alguén non coñece EUSurvey. Pertence á Unión Europea con licenza > EUPL (compatíbel GNU) > «_Intellectual Property: Built by DG DIGIT and funded under the ISA, > ISA² [1] and Digital Europe Programme [2] (DIGITAL) EUSurvey is fully > open source and published under the EUPL [3] licence. You can download > the source code from GitHub: https://github.com/EUSurvey»_ > > 3. Sobre o límite > > Non poría límite, seguramente haberá termos que resolvamos en poucos > minutos e outros que levarán o seu. Chegar ata onde se poida procurando > non enlearnos en bizantinismos. > > 4. Sobre a(s) datas > > Paréceme ben a folla no Framadate > > O ven., 19 de maio de 2023 ás 15:35, Adrian Chaves (<[email protected]>) > escribiu: Gustaríame ir preparando unha nova xornada de discusión > terminolóxica. > Eu diría de chamala Trasnada, pero a diferenza de Trasnadas anteriores > isto sería por Internet e a única actividade sería a discusión > terminolóxica. > > De momento recollín en https://termos.trasno.gal/pendente/ unha lista > de > ~550 discusións pendentes que saquei principalmente do glosario antigo, > do documento de discusión terminolóxica que mantiña Leandro, e das > listas de correo (mensaxes a partir da de clausura da Trasnada 13.0). > > Creo que os seguintes pasos serían: > 1. Buscar unha data para a xornada. > 2. Dar un tempo para que calquera achegue elementos de discusión > adicionais. > 3. Ordenar as discusións por prioridade. > 4. Recadar información sobre as discusións que pensemos que poida dar > tempo a abordar. > > O paso 1 pode facerse en paralelo ao resto. > > Pero estaría ben poñernos de acordo en algunhas cousas. > > Antes de poñernos a buscar data (paso 1), habería que decidir: > - A duración: 4h? 8h mañá/tarde? > - O método de escolla. Estaba pensando nun Framadate con 12 fins de > semana, empezando 1 mes despois da data de creación do Framadate, e das > 3 mellores fins de semana, preparar un Framadate máis específico coas > opcións sábado/domingo mañá/tarde. Pero non sei se será demasiado > rebuscado. > > Antes de comezar co paso 2, estaría ben definir cando remata. Por > exemplo, que a xente vaia enviando achegas e tras 1 semana sen achegar > ninguén nada máis pasamos ao paso 3? Ou poñemos un tempo fixo? > > Antes de comezar co paso 3, habería que escoller como ordenamos as > discusións por prioridade. Ocórrenseme: > - Booleano: cada quen di o que quere tratar (+1). > - Tres estados: cada quen di o que quere (+1) e o que non (-1). > - Borda: cada quen di o que quere na orde na que o quere, e calcúlase > unha puntuación segundo iso. > > E antes do paso 4 habería que limitar o número de discusións sobre as > que recadar información. 100? Supoño que dependerá da duración que > escollamos para a xornada. > > E xa durante a propia xornada podemos decidir cando organizar a > seguinte > xornada (aos 3/6/12 meses?), e cousas a cambiar no proceso se algo non > funcionou ben. > > Como o vedes? > > - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - > [email protected] > - Administrador - [email protected] - de - Proxecto Trasno > - Cancelar a subscrición no URL : > https://trasno.gal?confirm_unsubscribe=indeed&m=11990&h=7d8883d8c83964e5e3c5289f8127915df003ea44&sa=742267002 > > > > -- > > Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)» > http://galpon.org > Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.gal > Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org > > - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - > [email protected] > - Correo do administrador - [email protected] - de - Proxecto > Trasno > - Cancelar a subscrición no URL: > https://trasno.gal?confirm_unsubscribe=indeed&m=12009&h=0d414cda8ccb3f239cafaa4021568021768d1510&sa=1613627735 > > powered by WP Mailster - the flexible mailing list solution for > WordPress, more information: https://wpmailster.com Links: ------ [1] https://ec.europa.eu/isa2/home_en/ [2] https://digital-strategy.ec.europa.eu/en/activities/digital-programme [3] https://joinup.ec.europa.eu/collection/eupl - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - [email protected] - Administrador - [email protected] - de - Proxecto Trasno - Cancelar a subscrición no URL : https://trasno.gal?confirm_unsubscribe=indeed&m=12025&h=4d6a4f3be66625a8fe57b93017938a29efdb2a2d&sa=1873307964 powered by WP Mailster - the flexible mailing list solution for WordPress, more information: https://wpmailster.com
