Ola:
Preséntovos a candidatura para a Xunta Directiva, así como as principais
liñas de traballo para os vindeiros anos.
*Directiva proposta*
- Presidente: Jesús Amieiro Becerra
- Vicepresidente: Rafael Rodríguez Gayoso
- Secretario: Adrián Chaves Fernández
- Tesoureiro: Daniel Muñiz Fontoira
*Principais liñas de traballo*
- Dinamizar á comunidade de tradutores de software libre ao galego,
tratando de poñer foco no software máis empregado polos usuarios finais.
- Dinamizar os traballos de Common Voice:
- Difundir a iniciativa para captar novos usuarios.
- Engadir frases ao sistema.
- Promover a publicación dos nosos TMX (ou semellantes) a beneficio dos
sistemas de tradución automática.
- Recuperar as «Trasnadas» mixtas (físicas e en liña) e/ou só virtuais.
- Recuperar a colaboración coas Universidades cos obradoiros de
tradución de software libre nas facultades de filoloxía e tradución.
- Recuperar a colaboración coa Amtega.
- Actualizar os sistemas informáticos da asociación, así como os seus
contidos, poñendo foco na difusión do uso de software libre en galego:
creación de guías para pór o software libre en galego.
Quedo á vosa disposición para calquera dúbida ou comentario
Saúdos
Jesús Amieiro Becerra
- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - [email protected]
- Administrador - [email protected] - de - Proxecto Trasno
- Cancelar a subscrición no URL :
http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7957&h=5445f68be1c4c98b4fb69fec7da492b242d7e6e3&sa=1237749112