Estimadas/os,

Poñémonos en contacto con vós un ano máis, en relación ao convenio de 
colaboración entre as Asociacións Galegas de Usuarios de Software Libre e a 
Amtega, para o fomento e difusión do Software Libre en Galicia.


Gustaríanos saber se vos interesaría participar no convenio do vindeiro ano 
2022.


Neste sentido, precisaríamos que nos comuniquedes o antes posible, non máis 
tarde do venres 31 de decembro, a vosa intención de participar ou non, 
simplemente respondendo a este correo.


Unha vez dispoñamos do listado de Asociacións interesadas en participar, 
volveremos a poñernos en contacto para solicitarvos a documentación previa, 
necesaria para proceder á sinatura do mesmo.


Para ir axilizando, no caso das asociacións que queirades seguir adiante coa 
sinatura do convenio, na medida das vosas posibilidades, tamén vos pedimos que 
vaiades revisando os vosos plans de actuacións, tendo en conta as posibles 
restricións para a realización dalgunhas actividades presenciais e os 
orzamentos previstos.


Un cordial saúdo



--
Oficina de Coordinación de Software Libre
Servizo prestado por iCarto S.L.
Departamento de Innovación Tecnolóxica e Intelixencia Artificial. Área 
Sociedade Dixital
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
Xunta de Galicia

Teléfono: 881 995600
[email protected]<mailto:[email protected]>
Centro de Innovación Cultural de Galicia
Monte Gaiás s/n
15781 Santiago de Compostela

- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - [email protected]
- Administrador - [email protected] - de - Proxecto Trasno
- Cancelar a subscrición no URL : 
http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7575&h=d11e81877abab2720840178e5f97a011782319de&sa=889651238

Responderlle a