Permiso para procesar a biblioteca de traducións: atg.gal-Bivir-CC0

Son un bo feixe:
http://tradutoresgalegos.com/bivir-catalogoTR1_.html

---------- Forwarded message ---------
De: Asociación de Tradutoras e Tradutores Galegos <
[email protected]>
Date: ven., 5 de mar. de 2021 ás 18:58
Subject: Re: Solicito info ou permiso
To: Antón Méixome <[email protected]>


Ola, Antón.

Pois consideramos que se trata dun labor moi interesante e ao tratarse de
fragmentos tan breves, efectivamente, non cremos que vulnere os dereitos
das e dos tradutores.
Se fosen textos máis longos os que quixésedes gravar, aí penso que si que
xa teriamos que pedirlles os permisos ás persoas correspondentes.

O que vos pediriamos é que, se pode ser, a fonte sexa mellor “atg.gal -
Bivir”, pois estamos agora mesmo nese proceso de cambio.

No tocante aos textos en si, non sei se buscades algo en concreto, pero
dende un punto de vista de corrección normativa, talvez habería que ir con
ollo porque hai obras publicadas que se traduciron con anterioridade ao ano
2003, polo que seguen uns criterios que a día de hoxe non se aceptan. Nós
ímolos revisando e actualizando aos poucos, pero claro, aínda temos moito
traballiño por diante.
Se neste sentido vos podemos axudar dalgún xeito, non dubidedes en dicirnos.

Unha aperta,
Estela Villar
*Secretaria da ATG*

- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - [email protected]
- Administrador - [email protected] - de - Proxecto Trasno
- Cancelar a subscrición no URL : 
http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7464&h=31acaa66c352bee3a0587d4aced27ec1b6145413&sa=1421583976

Responderlle a