Hai que decidir que acentos se recoñecen nas gravacións. Quen o determina a etiqueta é o propio falante e a súa autoidentificación é estable porque vai asociada á conta de colaborador. As frases que vai ler tampouco poden ser escollidas por zonas nin sequera por tipos de rexistro lingüístico.
Proposta: 5 etiquetas que o doador de voz pode escoller para as súas gravacións seseo+gheada >> Costa atlántica gheada >> Central non seseo + non gheada >> Oriental sen fonoloxía dialectal, estándar >>Normativo ... >>Neofalante Se queredes explícoa lingüisticamente pero trátase dun compromiso entre variación lingüística clásica do galego, necesidades de desambiguación para o modelo de lingua e que sexan comprensibles para a xente. Para nós a clave é o seseo, a gueada e o vocalismo. Nota: nos idiomas como o español, só distinguen por falas de cada país + Andalucía; en catalán, por Cataluña, Valencia e Baleares e logo polo catalán especial noroccidental e setentrional (en territorio de Francia, entendo) Antón - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - [email protected] - Administrador - [email protected] - de - Proxecto Trasno - Cancelar a subscrición no URL : http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7435&h=357107e9d802c565e8e97060839b6481b6c26d48&sa=141262012
