Deume por unha curiosidade
Nós levamos recollidas no sentence-collector neste momento 29.942
frases das que case están validadas case 6500
Superamos sen problema as 5000 para que nos abran o portal de gravación de voz

Mirei o catalán e teñen recollidas 3946, todas validadas... despois de 2 anos
... pero iso non chega para superar as 5000 de apertura
Sei perfectamente que teñen á parte o corpus da wikipedia pero ... en fin.
Van moi ben en gravacións, desde logo.

Mirei o castelán: teñen 15.600 frases. Non sei cantas validadas; teñen
4 veces máis voces pero a metade de horas gravadas que o catalán e
durante o mesmo tempo.

O éuscaro ten 6000 frases recollidas e non ten aínda o portal de
gravación aberto.

Hai idiomas que teñen o sistema de gravación aberto e teñen 4 falantes
recollidos, literalmente; e idiomas de estados como o búlgaro ou o
abiasio que teñen menos de 20.

Non sei supoño que son estas cousas as que deben facer reflexionar a Mozilla.

Un saúdo

- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - [email protected]
- Administrador - [email protected] - de - Proxecto Trasno
- Cancelar a subscrición no URL : 
http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7407&h=42c74fb9edb622c45afa33996aac19aa3d64f643&sa=1001408381

Responderlle a