Notas pola miña parte: - Para quen non estea familiarizado co corrector, desde hai un tempo o seu contido (listas de palabras, suxestións, e regras de formación de palabras) está separado en “módulos” (cartafoles, ficheiros) divididos por autoridade (RAG, comunidade, trasno, etc.) e dentro das autoridades por outros criterios. Ao construírse o corrector, pódese escoller calquera combinación de módulos, que determina as palabras e as suxestións do corrector. Aquí estamos falando dos módulos que queremos que vaian na versión predeterminada do corrector. Logo cada quen pode construírse versións a medida.
- Creo que é moi importante que se tome esta decisión, e que se tome en comunidade. A construción predeterminada actual segue o meu criterio persoal, e é unha decisión da que me arrepinto. - Creo que deberíamos seleccionar uns contidos predeterminados para o corrector que sexan axeitados para a persoa media. Evitaría escoller un contido pensando en nós quen traducimos, que o temos máis doado para compilar unha versión a medida do corrector. Dito isto, creo que o módulo de «trasno» é útil para a persoa media. Pero no pasado tivemos cousas, como por exemplo os códigos ISO de idiomas e países, que creo que non son útiles para a persoa media. - Os módulos de Wikipedia e Wiktionary creeinos no seu momento, durante a separación do contido do corrector en módulos, para dar cabida a vocabulario que estaba presente no corrector pero non viña do VOLGa ou do DRAG, como nomes e apelidos, nomes de lugar, e nomes de produtos ou empresas popularmente coñecidos. Pero creo que podería non ser boa idea incluír eses contidos, ou polo menos non todos, porque pode darse o caso de palabras que se marquen como correctas aínda que non o sexan porque forman parte de deses módulos. Creo que deberiamos ter un criterio claro para decidir cales destas palabras van no corrector predeterminado e cales non. Pero non teño nin idea de como escoller ese criterio. - A raíz de vocabulario que faltaba no corrector que atoparon Fran e Xosé, creei un novo módulo para Tergal. Paréceme un recurso fiable e en liña co DRAG, e creo que tería sentido incluír o seu vocabulario no corrector predeterminado. - Para quen queira consultar o vocabulario que temos, é relativamente fácil de ler directamente das fontes en https://gitlab.com/proxecto-trasno/hunspell-gl/-/tree/master/src navegando polos cartafoles. Non é tan doado de editar ao principio (o máis cómodo é buscar termos parecidos e copiar e pegar), pero procurarei ir mellorando a documentación a medida que aparezan dúbidas comúns. - Non teño moito tempo estes días, pero procurarei buscar o tempo necesario para os cambios e correccións que sexan necesarias. Por último, moitas grazas a Dani, Fran e Xosé polo seu traballo empaquetando, avisando de erros, propoñendo melloras, e incluso facendo cambios. O traballo no corrector adoita ser bastante solitario e pouco agradecido (botar moito tempo para cousas con pouco impacto), e as súas achegas resultan, canto menos, motivadoras. Un saúdo! On 2021-02-23 15:19, Fran Dieguez wrote: > Ola a todos/as, > > Hai un mes paseille unha revisión ortográfica ás traducións de GNOME > empregando o dicionario de hunspell-gl que mantemos. > > No proceso atopei unha serie de erros: > > * En GNOME había unha morea deles que xa fun corrixindo e irán na > seguinte version GNOME 40 > * Tamén atopei unha cantidade importante de falsos positivos que > reportaba o corrector e que reportei para que se solucionen > https://gitlab.com/proxecto-trasno/hunspell-gl/-/issues/1 > > Moitos dos erros xa están arranxados por Adrián, pero noutros casos > comentábame que estas entradas xa estan contempladas noutros > dicionarios que non se inclúen por defecto e que hai que dicirlle ao > construtor do dicionario que os inclúe explicitamente. > > Para que o teñades en conta, na construción do corrector que realizo > para o paquete de Archlinux que manteño, eu executo > > scons > > sen mais, mentres que o dicionario construído para o Firefox faino con > > scons aff=norma,trasno,unidades > dic=comunidade,rag,norma,trasno,unidades,uvigo,wikipedia,wiktionary > rep=comunidade,rag,wikipedia > > segundo comentan aquí > https://gitlab.com/proxecto-trasno/hunspell-gl/-/issues/1#note_513986740 > como vedes na compilación de Firefox inclúense moitos máis dicionarios. > > O que pretendo con esta mensaxe é abrir un debate para cambiar os > parametros por defecto para que a compilación sen parámetros inclúa os > dicionarios que pensemos que calquera debería ter. Sen perxuizo de que > alguén poida construirse a súa versión que inclúa máis ou menos > ficheiros dicionarios-afixos-etc. > > Polo tanto, delegar no mantedor do dicionario a seleción dos > dicionarios que se inclúen por defecto e que os que empaquetamos o > dicionario para a súa distribución, Archlinux, Debian, Firefox, > Libreoffice, non nos preocupemos por dita selección. > > Por favor, preciso feedback e agardo que poidamos incluír esta decisión > na seguinte versión. Pola miña parte seguirei revisando GNOME para ver > se hai máis falsos positivos, reportalos e polo tanto ter un corrector > máis completo. > > Saúdos > - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - > [email protected] > - Correo do administrador - [email protected] - de - Proxecto > Trasno > - Cancelar a subscrición no URL: > http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7381&h=226a26821a595c28a77472b78368d68547db5bf8&sa=2129591569 - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - [email protected] - Administrador - [email protected] - de - Proxecto Trasno - Cancelar a subscrición no URL : http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7382&h=0665b54df20030b92a628a1c8df45f41999c7c0b&sa=1031941916
