Xusto hai unhas semanas me contactara outra persoa interesada en traducir software de KDE :)
Teño algunhas tarefas pendentes para mellorar o fluxo de traballo entre varias persoas, pero de momento copio e pego o que lle escribín á outra persoa: > Pois para empezar: > > 1. Mira de instalar Git, Lokalize, e o sotware de > https://gitlab.com/proxecto-trasno/kde-gl#requirements , e indícame > calquera problema. > > 2. Non creo que o necesites a curto prazo, pero se tes ou te creas unha > conta en Gitlab, dime cal é e podo darte acceso de escritura a > https://gitlab.com/proxecto-trasno/kde-gl > > 3. Desde https://websvn.kde.org/trunk/l10n-support/gl/summit/messages/ > podes examinar e descargar os ficheiros de tradución actuais, e abrilos > no Lokalize para ver un pouco como funciona o programa. Non ten moita > complicación, os ficheiros teñen unha lista de parellas de mensaxes, en > inglés e en galego, e hai que completar as entradas en galego sen > traducir ou corrixir as xa traducidas. Se tes Suversion instalado, > quizáis sexa máis cómodo descargar o cartafol enteiro con «svn checkout > svn://anonsvn.kde.org/home/kde/trunk/l10n-support/gl/summit/messages [1]». > Así podes abrir o cartafol enteiro con Lokalize, creando un proxecto de > Lokalize. E aí podes filtrar facilmente os ficheiros que te interesen > (p. ex. os que conteñan «mobile»). > > 4. Podes consultar en http://termos.trasno.gal/ a terminoloxía que temos > normalizada en Trasno. Procuramos escoller palabras concretas coas que > traducir conceptos concretos para que as traducións ao galego sexan o > máis homoxéneas posible no software libre no seu conxunto. Ademáis da > terminoloxía temos outras directrices, como usar a forma de respecto > (vostede) para dirixirse aos usuarios salvo no caso de videoxogos, ou > usar as formas acabadas en -bél en lugar das acabadas en -ble. Estaban > documentadas no wiki de Trasno, pero creo que o wiki se perdeu durante > unha migración :( > > 5. Cando te aburras de examinar os ficheiros de tradución e diches > instalado Pology, podes probar a usalo un pouco. Úsase principalmente > para detectar erros nas traducións ou traducións que non seguen as > directrices de Trasno, pero tamén pode usarse para buscar e substituír > nas traducións: > http://pology.nedohodnik.net//doc/user/en_US/index-mono.html#ch-sieve > > No tempo que ti andas con estes pasos, tocarame preparar > https://gitlab.com/proxecto-trasno/kde-gl para poder usalo sen ter unha > conta do Subversion de KDE con permisos de escritura. Polo visto non é > posible darte permisos de escritura só nas traducións ao galego, senón > que cando teñas os permisos os terás en todo o repositorio, así que por > motivos de seguridade terás que levar un tempo traducindo para que te > dean permisos para enviar as traducións directamente ao repositorio. Ata > entón o que traduzas terás que enviarmo a min e eu subilo ao > repositorio. > > Espero que non sexa moita información. En calquera caso, tómao con calma > porque pode que non dea actualizado > https://gitlab.com/proxecto-trasno/kde-gl ata dentro dun par de semanas. On 2019-12-31 14:46, mvillarino wrote: > Boa tarde, > Efectivamente estou retirado hai xa tempo, e agora só faigo colaboración moi > esporádicas. Pero sigo vivo, wue xan non é pouco. > Vou enviar este correo cc a trasno e a Miguel, que te han guiar en boa > dirección. > Saúde e ánimo. Para calquera axuda que precises, se poido, hei botarche un > cabo. > > @miguel branco, este home quer colaborar na tradución de Kde, que lle podes > contar? > > O 12:06, mar., 31/12/2019, Delio Docampo Cordeiro <deliotrab...@yahoo.com> > escribiu: > >> Bos días, >> >> Atopei esta dirección de email nesta wiki >> http://www.trasno.net/wiki_subdomain/KDE/ >> >> Se xa non estás no proxecto ou algo, che agradecería unha resposta, pois vai >> uns días escribín a dirección que está posta na web oficial >> do grupo de tradución ao galego de KDE: >> https://l10n.kde.org/team-infos.php?teamcode=gl >> >> Todo o que busquei do proxecto trasno parece desfasado como si dende o 2018 >> non se tocara, pero >> pode ser que sexa por que mudastes o dominio ao .gal . >> >> Na web de KDE poñen coma dirección de contacto: >> "_Mailing Lists:_ >> >> _ proxe...@trasno.net (__información acerca da rolda [2]__)_" >> >> Se ese correcto está activo, por aí debe andar a miña candidatura. >> >> Bueno o caso é que son usuario de kde dende a 3.algo e obviamente de plasma >> 5, uso archlinux, sei programar >> e teño o ciclo superior de ASIR, non quero estender moito o email pero >> calquer dúbida podédesma consultar. >> >> Xa me fixen conta en KDE e lle adiquei unhas boas horas a ler as faq, >> manuais e howto. >> >> Que teño que facer pra comezar a colaborar coa tradución de KDE? >> >> Saúdos Links: ------ [1] http://anonsvn.kde.org/home/kde/trunk/l10n-support/gl/summit/messages [2] http://www.trasno.net/trasno:lista - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal - Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno - Cancelar a subscrición no URL : http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=6953&h=2d6b40069a50d42d5bde12340c594b937041e33a&sa=1347774859