Ola En pouco tempo sairá unha versión maior do Thunderbird, a 60. A pesar de levar meses traducida non vai chegar completa en galego porque non se validan as traducións por falta de tempo/cansazo de Keko. O mesmo pasa co Firefox.
Hai tempo lembro que Keko tentara deixar a coordinación pero non había substitutos e tivo que seguir. Hoxe as cousas cambiaron, Mozilla creou unha plataforma en liña moi boa para colaborar nas traducións. Por este motivo as funcións do coordinador serían moito menos gravosas ao non ter que facer tamén as traducións completamente el só. Por iso penso que habería que debater este tema xa que afecta directamente a outras traducións como Ubuntu. Saúdos - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal - Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno - Cancelar a subscrición no URL : http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=3753&h=ce3428d3d7ff6f7725dbd795401574ccc32e85d7&sa=375623090