Ola a todos, Na vindeira edición do Culturgal que terá lugar en Pontevedra entre o 31 e o 2 de decembro, Proxecto Trasno en colaboración con PuntoGal presentaremos o resultado das conversas para o desenvolvemento e actualización de ferramentas lingüísticas libres e as últimas novidades das traducións da comunidade.
Como sabedes Proxecto Trasno forma parte da directiva de PuntoGal desde hai uns anos onde colabora en darlle visibilidade ao dominio e orientando a marcha das súas actividades. A nosa achega é pequena pero a medida que .gal vai gañando autosustentabilidade e independencia polo número de dominios rexistrados, tentamos que PuntoGal reverta os beneficios en ampliar, crear e fomentar a creación de servizos, contidos e utilidades en lingua galega. Este é o seu sentido fundacional. Aproveitaremos tamén para presentar o traballo de recuperar a tradución de Firefox 64, que volverá estar ao 100% dispoñible en galego, a nova versión do corrector ortográfico (18.07) e melloras na produción automatizada dos complementos, tanto para Firefox como para LibreOffice. Saúdos, Antón Méixome - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal - Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno - Cancelar a subscrición no URL : http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=3701&h=d70422993318a0c4d650fd63172fb5362e6bbd18&sa=1528788617