Olá

Son Andrés Diz, ainda que non son un traductor adicado totalmente a
proxectos software concretos sí que fago traduccións de programas que me
parecen interesantes ou que emprego habitualmente.

Normalmente utilizo plataformas online para facer as traduccións ainda que
depende moito do programa ou da traducción en sí.

Son membro do grupo de traductores ao castelán da FSFE coa que colaboro
asiduamente, e precisamente estou tentando criar un grupo de traducción ao
galego xa que é un idioma ainda non presente na FSFE, por iso queria lanzar
a proposta no Proxecto Trasno a ver se hai xente interesada e logramos ter
unha masa critica. A miña intención sería ter unha primeira reunión que
sirva de inicio e presentación do grupo na OSHWDem 2018 a celebrar na Domus
da Coruña este 10 de novembro, aproveitando o stand da FSFE que vou ter alá.

saúdos

- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal
- Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno
- Cancelar a subscrición no URL : 
http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=3224&h=cae88f64ec9f54487bd409363b219949431df971&sa=210298250

Responderlle a