Ola David

https://translate.apache.org/gl/aoo40/

Como verás aí, levo 5 anazos sen actualizar e o único pendente son menos de
600 palabras nese tempo, e só hai 3 suxestións doutros sen aprobar.

O desenvolvemento está conxelado ou case morto, na miña opinión.

Se te queres poñer ti a cargo por min perfecto, en canto consigas a conta
en Pootle, douche os permisos necesarios.

Como di Adrián eu estou centrado en todo caso en LibreOffice.


Guíate por aquí
https://wiki.openoffice.org/wiki/Pootle_User_Guide/Registration_and_Login

Se tardan en responderche a calquera cousa non te sorprendas porque dado o
ritmo que leva é normal que a xente non estea demasiado pendente.

Unha aperta,

Antón


O 22:54 do 20 de xuño de 2018, Adrián Chaves <adr...@chaves.io> escribiu:

> Botácheslle un ollo a https://openoffice.apache.org/translate.html ?
>
> Por que vaias adiantando traballo mentres Antón non contesta con
> información
> máis específica.
>
> Tampouco teño claro se Antón segue a manter tanto OpenOffice como
> LibreOffice ou
> se centrou os seus esforzos no segundo.
>
> O domingo, 10 de xuño de 2018 12:09:04 CEST David Rebolo Magariños
> escribiu:
> > Ola,
> >
> > Son David Rebolo Magariños, un dos asistentes á vosa charla sobre
> Software
> > libre na Facultade de Filoloxía e gustaríame contribuír axudando a
> traducir
> > en Apache OpenOffice tanto a súa páxina principal como tamén finalizar o
> > que se teña iniciado, pero non sei como facelo. Non sei se me podiriades
> > axudar nisto.
> >
> >
> >
> > Bo día,
> >
> > David Rebolo Magariños,
> >
> > - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a -
> proxecto@trasno.gal
> > - Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno
> > - Cancelar a subscrición no URL :
> > http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=2437&h=
> 718d76365d40cb33a
> > b7846b3fe0364255e192b5a&sa=979200533
>
>
>
>
>
> - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a -
> proxecto@trasno.gal
> - Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno
> - Cancelar a subscrición no URL : http://trasno.gal/web?confirm_
> unsubscribe=indeed&m=2509&h=4363ddb8a71f703e910a970b4fb3eb
> 6ea922f146&sa=1213730248
>
>

- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal
- Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno
- Cancelar a subscrición no URL : 
http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=2621&h=15e4f761d5cf8269de72f5cd7bb594e5f26e019b&sa=1960971478

Responderlle a