Boas:

(coméntoo por se axuda)

Sobre Privacy/Privacity

Se non me erro, nese fío de trasno falouse algo da posibilidade de 
empregar «intimidade».

Precisamente consulteino á RAG o mes pasado (comenteille expresamente a 
posibilidade de empregar intimidade).
Con esa pregunta (á RAG) incluín tamén este comentario:
> Por se axuda, acabo de consultar o DOG e parece que se emprega o termo 
> privacidade con este mesmo significado.
> https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180313/AnuncioG0003-020318-0006_gl.html
e tamén comentaba:
> No francés empregan
> Politique de confidentialité
> no catalán
> Política de privacitat
> Portugués
> Política de privacidade

Respondeu o seminario de lexicografía con estas posibilidades:
> “ámbito privado” ou “vida privada” poderían ser válidas como sinónimos 
> de “privacidade”.


Dani

On 30/05/18 00:34, Antón Méixome wrote:
> Un moi oportuno artigo de Xusto
>
> http://www.gciencia.com/bitacoras/os-nosos-datos-persoais-os-nosos-dereitos/
>
> Interesante o "dereito de supresión". Entendo que ese dereito tamén é 
> o que se chama "cancelación" na LOPD. Entón xa non son dereitos ARCO 
> senón ARSO+EL
>
> Fáltame con todo unha reflexión sobre "privacidade" e sobre "política" 
> que xa temos discutido a fondo por aquí.
>
>
>
> Ao fío disto,
>
> Os únicos datos que manexamos na lista é un nome e un enderezo de 
> correo, que son imprescindibles para participar na lista e non se 
> utilizan nin se utilizarán para ningunha outra cousa. Por tanto, hai 
> un consentimento implícito e consideramos que non é necesario pedilo 
> expresamente.
>
> Está directamente na vosa man de modo automático a xestión dos datos 
> persoais que temos en Trasno e o acceso ao responsable dos datos tamén 
> é publico en cada mensaxe da lista.
>
> ... tiña que dicilo.
>
> - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - 
> proxecto@trasno.gal
> - Correo do administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto 
> Trasno
> - Cancelar a subscrición  no URL: 
> http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=2091&h=d49770b2ef120be9af40519be350bbee3df3f602&sa=693122643
>




- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal
- Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno
- Cancelar a subscrición no URL : 
http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=2097&h=968efa954e577b23577369afb9dc87bafda63eec&sa=459608226

Responderlle a