Ola,
respondo por abaixo.

O 11:44 do 7 de abril de 2018, Antón Méixome <[email protected]> escribiu:
> Si, queda claro
>
> Corrixe:
> que difiran con  → que difiran de
>
> con respecto a match, cando funciona co sentido de buscar e atopar
>
> Poderían tamén utilizarse " casar/non casar con" e dunha maneira xa moi
> especializada do verbo "que (non) ocorran con"
>
> A min concordar/discordar non me parece boa elección porque teñen sentido
> conversacional. A parella "coincidir con / diferir de" paréceme ben pero
> incluso era mellor "(non) / coincidir con"

A min persoalmente paréceme máis clara e mellor a última proposta de
Antón dado que parece ser que «match» se traduce maioritariamente como
«coincidencia» 
https://forxa.mancomun.org/scm/viewvc.php/match.txt?root=terminoloxiaseg&view=markup
(datos de hai varios anos xa, teño que poñerme en serio a montar un
sistema para consultar os TMX online):

- «match»: «coincide con»
- «don't match»: «non coincide con»



> O 10:59 do 7 de abril de 2018, Dani <[email protected]> escribiu:
>>
>> Boas:
>>
>> Inciso, antese de preguntar todo isto estiven a pensar como traducir
>> match/no match
>> barallei: concordar/discordar e coincidir/deferir
>> Cos coñecementos que teño, calquera das dúas opción pareceu válida, por
>> optar por unha optei por coincidir/diferir
>> Non sei se fixen ben.
>>
>> Volvendo ó asunto, estiven pensando o tema, e traducindo así:
>>
>> Opción 1
>> Filter out items matching all of the following
>> Filtrar os elementos que coincidan con todos os seguintes
>>
>> Opción 2
>> Filter out items matching any of the following
>> Filtrar os elementos que coincidan con calquera dos seguintes
>>
>> Opción 3
>> Filter out items matching none of the following
>> Filtrar os elementos que difiran con calquera dos seguintes
>>
>> Opción 4
>> Filter out items matching not all of the following
>> Filtra os elementos que difiran con todos os seguintes
>>
>> Tendo en conta isto
>> Filtros/opcións
>> Casos->      |   1      |  2           |  3            |
>> filtro1      | coincide | no coincide  |  non coincide |
>> filtro2      | coincide | coincide     |  non coincide |
>> filtro3      | coincide | non coincide |  non coincide |
>>
>> Agora temos:
>> opción 1  devolve resultado do caso 1
>> opción 2 devolve resultado do caso 1 e do caso 2
>> opción 3 devolve resultados do caso 2 e do caso 3 (o «or» era aquí non?)
>> opción 4 devolve resultado do caso 3
>>
>> Agora penso que xa non hai dúbida.

Pois eu sigo tendo unha dúbida, imos traducir «filter» e «filter out»
como «filtrar»? Eu persoalmente entendo que:

- «filter» se traduciría como «filtrar» (neste caso quedamos co que
coincida coa condición),
- «filter out» debería traducirse como «ignorar», «excluír» ou algo
polo estilo (neste caso deixamos fóra o que coincida coa condición).


Deica

- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - [email protected]
- Administrador - [email protected] - de - Proxecto Trasno
- Cancelar a subscrición no URL : 
http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=1486&h=5b4cd2fa9d203eabfef6a681e79300cdc9f5d39c&sa=641181625

Responderlle a